Santiago, 04 de xullo de 2006.- Hai dez anos houbo laboratorios fotográficos que non investiron nin tempo nin cartos en estudar que investigaban os demais, seguiron cos rolos de película e en pouco tempo a revolución dixital...
See more »
Santiago, 04 de xullo de 2006.- Hai dez anos houbo laboratorios fotográficos que non investiron nin tempo nin cartos en estudar que investigaban os demais, seguiron cos rolos de película e en pouco tempo a revolución dixital tomoulles a dianteira. A súa desgraza por falta de previsión pode aplicarse a calquera contorno que non coide estes detalles e non se preocupe de realizar unha vixilancia tecnolóxica. E se as grandes empresas son vulnerables, o risco amplifícase para as firmas de menor tamaño. Situacións semellantes son as que pretende evitar o proxecto Vixía, desenvolvido por CIS Galicia co apoio do Igape. Non se trata de espiar nin de copiar, senón de indagar no publicado ou patentado, de estar atentos ao que xorde, ao que fan os que compiten e innovan nunha mesma área, obter información, procesala para que axude na toma de decisións, na planificación empresarial. Realizar esa tarefa con ferramentas mal adaptadas convértese nun proceso lento e parcial. A maiores, tras recoller a información é preciso analizala e poñela ao servizo da empresa, converter esa vixilancia tecnolóxica en intelixencia competitiva. Iniciativa pioneira no Estado Trátase dun labor prácticamente imposible para pemes inmersas no día a día e incapacitadas polo seu tamaño para destinar recursos humanos a estes mesteres. En paliar este déficit traballou durante os últimos sete anos a Unidade de Información Estratéxica do Centro de Innovación e Servizos (CIS), que dende Ferrol lidera o Proxecto Vixia, unha iniciativa de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva pioneira a nivel estatal, que en Galicia xa aplican desde o ano 2003 un total de 27 pemes. Para desenvolvela contaron co apoio do Igape, que subvencionou o proxecto no marco do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme (PCCP), cofinanciado polo Ministerio de Industria e o Feder. Vixia naceu para ofrecer un servizo engadido ás empresas. “Moitas delas necesitan alertas, información sobre lexislación, patentes, sobre competidores e os seus prezos, liñas de distribución, alianzas e fusións...”, advirte Rosa Freire Corzo, responsable da Unidade de Información Estratéxica do CIS Galicia. “Pensamos que era factible montar un sistema nunha plataforma web para facelo máis accesible e que cada empresa puidese entrar nela a de forma individualizada a través de Internet”, lembra. O enxeño superou diversas fases de desenvolvemento ata que os seus creadores determinaron que era necesario crear un sistema que non só permitise a captura automatizada da información senón que tamén a analizase e tratase de acordo coas necesidades concretas de cada empresa. “Lanzámonos a buscar un software específico e o suficientemente flexible para adaptalo ás nosas necesidades. Atopamos varios, pero o mellor facíase en Galicia”, explica Rosa Freire. Toparon con Denodo Technologies, unha empresa xurdida en torno ao grupo de investigación de Angel Viña, catedrático da Facultade de Informática da Coruña. Á colaboración de Denodo sumouse a de Ferroatlántica I+D, que tras avaliar as vantaxes de Vixía traballou na súa difusión ao asumir labores de consultoría a aquelas empresas interesadas en entrar no proxecto. “Todos se esforzaron, pero a achega do Igape resultou vital porque nos proporcionou máis do 60% do financiamento. Neles atopamos toda a compresión posible”, valora Rosa Freire. Implantación en catro sectores estratéxicos Recabados todos os apoios tan só faltaba chegar ás empresas a través dun plan piloto de implantación do proxecto. Definíronse catro sectores estratéxicos (textil, químico, metal e enerxía) susceptibles de sacarlle todo o partido a Vixía, ámbitos que ademáis están expostos a ameazas moi fortes por parte da competencia de fóra de Galicia. Fíxose unha primeira selección de 400 empresas, listado que se depurou en función de criterios que definían a aquelas de perfil máis innovador, que desenvolvesen proxectos de I+D, fosen fabricantes e tivesen vocación exportadora. Debían de asumir, ademais, o compromiso de facer o efecto demostrativo de Vixía non só entre outras empresas do seu sector senón
See less »
Kaboodle will send you a newsletter and updates from your friends. You can unsubscribe at any time. Kaboodle does not sell or share your email address or personal information with anyone.
Kaboodle requires all users to provide their real date of birth as both a safety precaution and as a means
of preserving the integrity of the site. You will be able to hide this information from your profile if you wish.
Added by 1 people